En Español

Obxectivos

• Ós animáis, incluidos os racionáis, cómprelles respirar para vivir. Os galegos levamos moitos anos conteñendo a respiración. Cambiar de presidente e de goberno iríanos moi ben.

• O problema de Manuel Fraga non é que sexa vello. Hai vellos encantadores e necesarios no proceso de construcción de sociedades mellores. Fraga non é desta clase. Non é a persoa ideal para liderar unha comunidade que quere progresar a tódolos nivéis. Nin o era tampouco cando era novo.

• Fraga ten dous problemas. Ben, el non. Témolos os que o sufrimos. Que é moi “carca” e moi antipático. Pódese ser de dereitas pero simpático ou parecelo. E pódese ser de esquerdas e borde. Pero sumalos dous defectos “is too much”.

• O PP xa nos deleitou coa súa política en España durante oito anos. A sorte é que non ten exército, porque se non a saber contra qué inimigos o enviara a loitar o amigo Fraga.

• Aznar xa escribiu dous ou tres libros de memorias. Esperamos as de Don Manolo, ainda que nos condoemos do pobre que llas teña que transcribir.

Máis Fraga? Pois vai a ser que non.

 
Ampliar